Home Programas Espazo Aberto Proxecto Home Galicia: cando a explotación laboral é a norma

Proxecto Home Galicia: cando a explotación laboral é a norma

0
Proxecto Home Galicia: cando a explotación laboral é a norma

O traballo social coas persoas drogodependentes ou con problemas de alcoholísmo e outras dependencias que realiza a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia ten detrás algúns puntos escuros que sairon a luz estes días logo da denuncia de CCOO de explotación laboral por parte dos seus traballadores e traballadoras.

CCOO denuncia explotación laboral no Proxecto Home Galicia

Persecución sindical

Segundo informa CCOO a dirección da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home Galicia deixou de pagar os soldos conforme ao convenio estatal en 2015. En outubro do 2017, a representación legal dos traballadores e das traballadoras recibiu unha comunicación na que se daba conta do inicio da negociación dun convenio de empresa para a Fundación.

Daquela CCOO descubriu que a empresa levaba anos utilizando un «regulamento de réxime interno» que, na realidade, era un convenio de empresa encuberto. Debido á gran cantidade de irregularidades e á súa gravidade, os traballadores e traballadoras decidiron paralizar momentaneamente as negociacións ata que a empresa as emendase. Foi nese momento, según comenta a delegada de CCOO, cando comezaron as represalias. Destitucións, traslados, despidos que fixeron que se acudira á inspección de traballo que confirmou as irregularidades laborais e presentou un requirimento para, entre outras cousas, anular algunhas das cláusulas ilegais anexas aos contratos de traballo.

As traballadoras desta Fundación enviaron cartas informativas aos membros do padroado, composto polas diferentes dióceses católicas galegas e tamén realizaron unha rolda de prensa que non tivo o eco que agardaban nos medios de comunicación.

O propio sindicato explica a sorpresa que causou que a noticia desaparecera dalgún medio de comunicación logo de ser publicada e fose substituida por outra máis favorable a esta fundación.

Un proxecto moi mediático

O actual director-xerente de Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo, está xubilado segundo comenta Chelo García, e é a persoa responsable da situación. É unha persoa moi ben relacionada cos medios de comunicación e as altas institucións. Xa en 1993 foi nomeado “Galego do mes” polo grupo El Correo Gallego, ten a distinción “Micrófono de ouro” a do programa “Pensando en ti” da Radio Galega desde 2005 e a medalla Castelao que lle outorgou a Xunta no 2001.

O Proxecto Home Galicia conta con instalacións na Coruña, Ourense, Pontevedra, Compostela e Vigo e ata hai mou pouco tamén en Vigo ademais de traballar en Pereiro de Aguiar. Chelo García asegura que ademais da perda de empregos que levaría unha mala xestión desta fundación “habería que pensar no futuro das persoas usuarias que teñen unha problemática moi concreta e precisan deste servizo”.