Protestas do persoal laboral da Xunta diante do Parlamento

Coincidindo co debate dos orzamentos de 2017 no Parlamento galego na mañá de hoxe, o persoal laboral da Xunta realizou unha concentración de protesta diante do Pazo do Hórreo. Traballadoras e traballadores amosaban a súa incertidume diante os acordos que se poideran levar a cabo sen contar coa súa presenza nin a dos seus representantes.

Traballadoras e traballadores censuran un “ERE encuberto” e privatización de servizos

O persoal laboral denuncia o que denominan “un ERE encuberto” e unha “privatización” dos servizos que agora mesmo asumen. Así falou esta mañá Marta, unha das traballadoras que participaron na protesta na mañá de hoxe

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As medidas que se tomen poderían afectar a case 4.000 traballadoras e traballadores da Xunta segundo sinalaron na mesma concetración. O persoal concentrado sinalou a Nós Televisión que continuarían coas protestas ata que se negocie a súa situación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -