Traballadores de ISOLUX-CORSAN que tamén protestaban quixeron explicar a Nós Televisión a súa situación. Conversamos con Raúl Rojas, portavoz da asemblea de traballadores.
O inicio desta X Lexislatura comezou con protestas na rúa, diante mesmo do Parlamento galego, antes de que tivera lugar a primeira sesión constituínte. Traballadores de Isolux-Corsan e o Banco Popular, afectados por EREs, quixeron expresar a súa indignación pola súa situación laboral. Rosa Conde, da CIG, explicou as reivindicacións do seu colectivo.
Deputados dos tres grupos da oposición amosáronlles o seu apoio achegándose a traballadoras e traballadores para saber de primeira man as súas reivindicacións.