Máis protestas ante Abanca polo cargo de comisións aos clientes con menos recursos

Primeiras protestas de persoas afectadas pedindo a devolución dunhas comisións que consideran abusivas. 

Hai meses, Abanca avisaba. Para seguir tendo unha conta sen comisións, hai que vincularse máis… e ter máis. Unha nómina domiciliada de máis de 600 euros, ter 500 en produtos de aforro do banco e a maiores, varias opcións: ou gastar 2000 ao ano cunha tarxeta de crédito, mercar dous seguros do banco ou manter un saldo medio de 30.000 euros. Escotet explicábao así: “quen máis se vincule, non paga comisións.”

Esa “vinculación” agocha unha realidade que afecta máis ás máis débiles: se non chegas aos 600 euros, se estás desempregada ou non podes investir en produtos de Abanca, toca pagar. Ante isto, a cidadanía estase a organizar a través das redes sociais para protestar, reclamar a devolución e mesmo para pechar as súas contas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

A medida, segundo Abanca, busca elevar a súa rendibilidade, como tamén fixeron Bankia, Santander ou Sabadell. Unha mostra máis de como as caixas públicas galegas remataron por converterse nun banco de costas á cidadanía.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -