Home Programas Área Compostela Protección Civil medra no Concello por terceiro ano consecutivo

Protección Civil medra no Concello por terceiro ano consecutivo

0
Protección Civil medra no Concello por terceiro ano consecutivo
SONY DSC

A agrupación Protección Civil segue a medrar na capital galega. Durante o ano 2017, o equipo de voluntarios e voluntarias tivo que realizar 660 intervencións, case tres veces máis que en 2013. En total, súmanse preto de 3.000 horas de traballo que, na súa meirande parte, baséase en operativos vencellados ao Camiño de Santiago e os eventos multitudinarios que se celebran na cidade coma congresos e exposicións ou os partidos do Obradoiro e a SD Compostela. A coordinarora xefa da entidade, Begoña del Río, salientou que a colaboración coa Policía local en diferentes dispositivos é un dos seus piares.

Hogano, Protección Civil conta con 45 voluntarias e voluntarios de entre 18 e 55 anos

Del Río quixo pór en valor a “inestimable colaboración” das 45 persoas de entre 18 e 55 anos que integran o corpo de voluntarios e voluntarias de Santiago. Para ela, esta é a “clave” do constante crecemento de Protección Civil, así como as numerosas formacións de primeiros auxilios e cooperación que se imparten ao longo do ano.

Rexeitamento da Policía de Barrio

Por outra banda, o concelleiro Xan Duro aproveitou a comparecencia para desbotar a petición do PSdeG de recuperar a Policía de Barrio, alegando que é “inviable” debido á “falta de efectivos”. Asemade, lembrou que “durante o mandato socialista perdéronse moitas prazas”.