Múltiples concellos lanzan senllas campañas institucionais contra a trata de persoas coincidindo co Día Europeo contra a Trata de Seres Humanos que se celebra este venres. Por exemplo, o Concello de Compostela coloca unha carpa na praza do Toural para informar da explotación sexual  na que encadran a prostitución.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Pero, que significa cada un destes termos?

A trata de persoas é un delito que se caracteriza polo traslado ao interior ou fóra do país dunha persoa co obxetivo de exercer unha explotación sobre esa persoa, como pode ser a explotación sexual, a explotación na construción ou a explotación nun matrimonio servil. Cómpre ter en conta que o tráfico de persoas non implica trata de persoas, e viceversa, xa que o tráfico implica o traslado de persoas dunha fronteira a outra. Deste xeito, para unha persoa sexa considerada vítima dunha situación de trata ten que producirse a captación, o traslado, a recepción e a acollida da vítima.

No que se refire á prostitución, refírese ao intercambio dunha actividade sexual a cambio de cartos e é preciso que exista unha toma de decisión propia e voluntaria para ser considerada como tal. No caso de que exista alguén que obrigue ou controle a esa persoa para exercer a prostitución, trataríase de explotación sexual. Deste xeito, non toda a prostitución constitúe explotación sexual segundo recolle o Código penal no artigo 188.2.

Cómpre ter en conta estas diferenzas á hora de dirixir e recibir campañas institucionais para colocar o foco nas mulleres que sofren trata de persoas, unha das violencias máis atroces que pode afrontar unha persoa.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -