O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi os programadores internacionais que asistiron ao Focus Galician Tunes. No acto tamén participou o director de Agadic, Jacobo Sutil. En nome dos programadores intervíu Lisardo Lombardía director do Festival Intercéltico de Lorient.
Para Martiño Noriega é moi importante para a cidade e para o País a visita destes programadores
O Focus Galician Tunes reuniu, desde 16 de outubro, a programadores de 26 festivais de música de referencia internacional. Estes días, asistiron a dez concertos que tiveron lugar na Sala Capitol e noutros escenarios de Galicia como as adegas Martín Códax de Cambados, o Aquariu Finisterrae, ou as salas Jazz Filloa e Garufa Club da Coruña. Entre os artistas que tiveron a oportunidade de coñecer figuran Leilía, Susana Seivane, Os D´Abaixo, Alejandro Vargas Trío ou Sumrrá.