Programación escénica para todos os públicos na Coruña

A tempada de artes ao vivo para todas as idades arrincará o sábado 9 de setembro co festival centrado no ámbito da ilusión e da maxia

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá os programas Forumáxico e Bebescena, os ciclos de artes escénicas para público infantil dos centros municipais Fórum Metropolitano e Centro Ágora. A tempada de artes ao vivo para todas as idades arrincará o sábado 9 de setembro co festival centrado no ámbito da ilusión e da maxia, Forumáxico, no recinto da rúa Río Monelos. Todos os sábados de setembro, ás 19.00 horas, o Fórum acollerá a representación de producións de artistas de Galicia, como son Barafunda, Fani Triana, Mago Xacobe e Dani García.

O día 17 de setembro comezará a programación de outono de Bebescena, o ciclo do Ágora deseñado para menores de ata tres anos que ten como obxectivo achegar, tanto ás nenas e aos nenos como as súas familias, unha nova experiencia a través da danza, música ou teatro. O ciclo inclúe, para este outono, a representación de cinco espectáculos de compañías de Andalucía, Cantabria, Cataluña e Portugal, que terán lugar en distintos domingos do trimestre –ata o mes de decembro–; e cada un deles contará con dúas sesións, que este ano serán ás 11.30 e as 13.00 horas. Entre as obras seleccionadas, atópanse Loo, de Ponten Pie, premio FETÉN ao espectáculo para a Primeira Infancia, e que se representará o domingo 15 de outubro, e Crassh Babies: workshop & performance, que acadou numerosos recoñecementos no país veciño.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As entradas xa están á venda

As entradas para os dous ciclos poden adquirirse desde hoxe no despacho central de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas), a través de www.ticketea.com ou do teléfono 902.044.226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 horas, sábados de 14.00 a 22.00 horas e domingos de 16.00 a 21.00 horas) por 6 euros no caso de Bebescena, e 5 no de Forumáxico. En ambos casos, o prezo das entradas para menores de 3 anos será de 2 euros. A Concellaría tamén ofrecerá a posibilidade de asistir a cada un dos espectáculos mediante o abono familiar para fomentar a presenza de nais e pais nas representacións. O abono inclúe 3 entradas por 15€ para cada representación no caso de Bebescena e mentres que no de Forumáxico serán 12€. Por último, o mesmo día da función, e se quedan entradas dispoñibles, estas poderán adquirirse nos centros municipais desde unha hora antes de cada representación.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -