Grazas á subvención de un millón e medio de euros concedida en xullo ao Concello de Santiago a concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo que dirixe Marta Lois porá en marcha a partir desta semana a iniciativa “Mocidade con Emprego”.
Este programa está dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos, desempregados/as, e que non estean integrados/as nos sistemas de educación ou formación.
A propia concelleira estivo acompañada por Xavier Ferreiro, técnico responsable da área de Emprego, que quixo explicar as características deste programa.
mellorar a empregabilidade da mocidade compostelá a través de 19 itinerarios de formación
As persoas participantes nesta iniciativa recibirán unha bolsa de 350 euros mensuais durante o período de formación e de prácticas profesionais non laborais. A inscrición no programa pódese facer a través da súa web, www.ponteenmarcha.gal
https://nostelevision.gal/o-plan-de-emprego-xuvenil-de-santiago-contara-con-15-millons-de-euros-de-fondos-europeos/