A procura da promoción da lectura como motor de coñecemento

O simposio celebrarase no Auditorio do Consello da Cultura Galega, que tamén participa na organización do evento xunto con Cedro

“Ler para comprender o mundo”. Este é o lema das conferencias que terán lugar entre os días 15 e 16 de decembro. Nesta decimoterceira edición, presentada polo concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, o edil indicou que todo o que se faga por animar á lectura, que segue presentando cifras tan baixas, será pouco.

O obxectivo é promover a reflexión sobre a lectura como motor de coñecemento

Na presentación acompañaron a Manuel Dios a secretaria técnica da Asociación Galega de Editoras, Silvia Bello, e o vicepresidente da mesma Asociación, Quique Alvarellos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Na tarde do xoves, preténdese que o eixo xire arredor do debate sobre a lectura. Entre outros, estará presente Xabier do Campo, coa súa ponencia “ler na escola, o risco de prender lume”. Nesa mesma tarde intervirá o actor e director teatral, Quico Cadaval, coa súa conferencia “ler para crer”.

As sesións continuarán o venres coa mesa redonda “Compartindo lecturas, abrindo fiestras”. Media hora máis tarde, poderemos ver unha segunda intervención que reunirá á secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Mercedes Queixa, e a Carlos Coida, da libraría Trama de Lugo. O escritor Gustavo Martín Garzo será o que poña o peche ás xornadas impartindo a conferencia “O territorio do lobo”. Por último, destacar que se entregará un diploma pola asistencia, que as sesións son de balde e que a participación está aberta a tódolos públicos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -