Home Programas Espazo Aberto Probas masivas de coronavirus e un imposto COVID-19, entre as propostas do BNG

Probas masivas de coronavirus e un imposto COVID-19, entre as propostas do BNG

0
Probas masivas de coronavirus e un imposto COVID-19, entre as propostas do BNG

“Quedan días moi duros por diante. Galiza vai demostrar a súa capacidade de superación e de solidariedade”, así o destaca a voceira do BNG, Ana Pontón, que compareceu na mañá deste luns ante a prensa a través das redes sociais. O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar unha serie de propostas de actuación ante a crise sociosanitaria xerada polo COVID-19.

A nivel económico, figura a devolución dos 65.000 millóns de euros procedentes do rescate bancario, socializados no seu día ao servizo do sector financeiro, e posta a disposición para o pagamento da crise. Ademais, o BNG defende o “imposto COVID-19” ás grandes fortunas, a redución do gasto militar e da casa real para permitir a súa transferencia ás actuacións precisas para enfrontar esta crise e obrigar á banca a flexibilizar os plans de pensións (preceptivos para ofinanciamento dunha hipoteca para a apertura dun negocio) para seren utilizados no actual contexto.

No eido sanitario, ademais da instauración de recursos materiais e persoais, chaman a facer test masivos á poboación e a poñer un marcha un plan de construción e/ou adaptación de instalacións en cada área sanitaria paraprever o eventual incremento de casos para atención hospitalaria, ingresos e UCI’s. Neste punto, defenden a obrigatoriedade de colaboración, para este cometido, das grandes empresas de construción.

Entre as propostas, tamén figura a paralización de toda a actividade económica que non sexa imprescindíbel e o illamento dos principais focos de contaxio sendo estes Madrid, Gasteiz e La Rioja. Esixen tamén a creación dun teléfono específico de Atención Social, co obxecto de dar cobertura ás consultas sociais urxentes derivadas da situación de illamento, e o establecemento dun servizo de reparto de alimentos, tanto preparados como non preparados, para aquelas persoas con especiais dificultades para o mantemento das súas necesidades básicas tras o peche de centros.

Con isto, tamén demandan a creación dunha Mesa Galega para enfrontar as consecuencias do coronavirus coa participación das forzas políticas galegas con representación no Parlamento daGaliza, as principais centrais sindicais, a patronal, e outras entidades representativas(agrarias, pesqueiras, sanitarias, etc.).

Consulta todo o documento aquí.