O Tribunal Supremo condenou este luns a 13 anos de prisión ao líder de ERC, Oriol Junqueras no marco do procés independentista. En concreto, condénao por sedición e malversación. A maiores, o TS dicta 12 anos de prisión contra os exconsellers Raül Romeva, Jordi Turull e Dolors Bassa polos mesmos delitos. A condena contra Carme Forcadell é de 11 anos e 6 meses; 10 anos e medio para os exconsellers Joaquim Forn e Josep Rull, que quedan absoltos do delito de malversación, ademais de 9 anos de prisión para os Jordis. O tribunal absolve do delito de malversación aos tres exconsellers que estaban en liberdade, Carles Mundó, Santi Vila e Meritxell borrás, que así e todo reciben a condena por desobediencia a un ano e oito meses de inhabilitación xunto unha multa de 60.000 euros. Desde Galicia, comezan a darse as primeiras reaccións a través das redes sociais.
?Esta sentenza do TS mostra unha vez máis o intento de pechar de forma autoritaria a crise do Réxime do 78, intensificando a represión contra os movementos que defenden o dereito a decidir e contra a xente do común que denuncia as políticas neoliberais https://t.co/ILnfXFvXrB
— anova (@anovagal) October 14, 2019
Noxo absoluto ante esta vergonza. O réxime volve responder con represión e autoritarismo.
Hoxe vémonos nas rúas! #Llibertatpresospolitics #SentenciaProces pic.twitter.com/X7hzP3asi5— Paula Quinteiro (@pau_qa) October 14, 2019
Si comparamos as condenas do “procés” coas dos GAL ou as de casos de corrupción entendemos a natureza deste Réxime.
Tolerancia co corrupción e as clocas do Estado e intolerancia democrática.
A saída autoritaria é a única resposta dun Réxime enfermo.https://t.co/v4cbYNIzsz— Antón Sánchez García (@AntonSanchezG) October 14, 2019
Nosos companys do #ParlamentoEuropeo @raulromeva e @junqueras condeados a 13 e 12 anos cada un. Eles que foron referencia na #Eurocámara dos dereitos humanos, eles que non quixeron privilexios, eles cultos, demócratas e loitadores. Condeanos a eles. Poderia ser calquera de nós https://t.co/yaHtkrkzqr
— Ana Miranda (@anamirandapaz) October 14, 2019
Se trataba de una crisis de estado. Ahora ya es una crisis nacional
A espantosa sentenza do Supremo confirma que para a democracia española, perdón polo oximorón, toda acción ou opinión política que queira desbordar o réxime e o statu quo será prohibida, perseguida e penada.
— Antón Dobao (@AntonDobao) October 14, 2019
— Suso De Toro (@SusodeToro1) October 14, 2019
Nós sempre estaremos cos pobos que loitan, pois a súa liberación é parte da nosa mesma: a ruptura do Estado español supón a liberdade para os pobos que, contra a súa vontade, o integran.
A espantosa sentenza do Supremo confirma que para a democracia española, perdón polo oximorón, toda acción ou opinión política que queira desbordar o réxime e o statu quo será prohibida, perseguida e penada.
—
O dereito a decidir ou os dereitos colectivos dun pobo non poden ser perseguidos.
Votar para coñecer a vontade popular non pode ser criminalizado.
Solidaridade! pic.twitter.com/LPHnZb0fEP— Davide Manzaneda (@DavideManzaneda) October 14, 2019
— Isca! (@iscagz) October 14, 2019
Votar e que no exercicio dese dereito fundamental o pobo catalán puidese decidir o seu futuro. Iso é o que a xustiza española condenou. Hoxe, #GalizaConCatalunya pic.twitter.com/7h5FDLH9O2
— Olalla Rodil (@orodil) October 14, 2019
LIBERDADE para os presos e presas políticas catalás. A democracia e a autodeterminación NON SON DELITO. pic.twitter.com/TEdHDV3BA2
— BNG (@obloque) October 14, 2019
A espantosa sentenza do Supremo confirma que para a democracia española, perdón polo oximorón, toda acción ou opinión política que queira desbordar o réxime e o statu quo será prohibida, perseguida e penada.
— Antón Dobao (@AntonDobao) October 14, 2019