O PSOE non consegue superar os resultados acadados o 28 de abril e queda nos 120 escanos. A baixada esténdese a Unidas Podemos, que acadan 35 escanos. Pese non conseguir a maioría xuntas, ambas formacións poderían volver a negociar a formación dun goberno coa axuda doutras formacións como Más País, que acada dous escanos, ou organizacións nacionalistas como o PNV, que consegue 7 escanos.

- Publicidade -

dereita acada máis presenza que nas pasadas eleccións con 88 escanos para o Partido Popular, 52 para Vox -que se proclama terceira forza- e 10 para Ciudadanos que perde a representación en Galicia. Ese escano perdido pola formación laranxa no noso país pasa a mans do BNG na provincia da Coruña polo que Néstor Rego estará no Congreso durante a vindeira lexislatura. O independentismo tamén sobe en Euskadi, onde EH Bildu saca un escano, e a CUP en Catalunya acada dous.

Resultados en Galicia

Polo demais, o Partido Popular sobe en Galicia e saca 10 escanos, empatados en escanos co Partido Socialista. Como terceira forza, e con dúas deputadas, sitúase En Común Unidas-Podemos seguidos do BNG que saca un. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego