A falta de coñecer a proclamación provisional das candidaturas presentadas para as Pimarias Abertas para a selección da lista electoral de Compostea Aberta, o propio Martiño Noriega fixo unha breve e discreta valoración sobre a proposta que el mesmo encabeza. Sen revelar nada concreto, fixo referencia á “continuidade do equipo actual de goberno para pechar un ciclo” e tamén “novas incorporacións”.
Noriega avanzou que a proposta de lista que presentou supón unha vontade de reeditar o goberno da cidade e de “liderar esta nova estaba”, cunha lista que el entende como “unitaria e representativa de todo o espazo”
Compostela Aberta dará a coñecer as candidaturas provisionais na serán deste luns malia que non se agardan grandes novidades na lista encabezada por Martiño Noriega con respecto á candidatura de 2015