
As tres formacións políticas que forman parte da oposición no Pazo de Raxoi realizaron hoxe unha primeira análise do borrador dos orzamentos para o 2017 que lles presentou o goberno municipal de Compostela. O PP salientou a cordialidade das reunións con Compostela Aberta e que pensan estudar polo miúdo o documento.
Tanto PSOE como BNG critican as demoras no proceso
Polo seu lado o voceiro socialista no concello, Paco Reyes, reprochou ao goberno local o retraso en presentalo e parabenizouse de que aumentaran o importe. Pola outra banda, Rubén Cela, voceiro municipal do BNG, tamén sinalou que “chegan tarde” e malia que consideran “positivo” que se introduzan algunhas das súas achegas pensan que son insuficientes.
O Goberno local de Compostela iniciou o proceso para elaborar os orzamentos do 2017 no mes de outubro. O Goberno municipal sinalara, daquela, que tiña intención de que os grupos da oposición participasen, tomando como socios preferentes ao BNG e ao PSOE