Home Programas Espazo Aberto Primeiras reaccións á marcha da política de Luís Villares

Primeiras reaccións á marcha da política de Luís Villares

0
Primeiras reaccións á marcha da política de Luís Villares

O ata agora líder de En Marea, Luís Villares, anunciou este mércores que non se presentará ás eleccións galegas do vindeiro 5 de abril e que, de feito, a finais de mes abandonará a política. Deste xeito, regresará ao seu posto como maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG). Na redes sociais xa comezan a chegar as primeiras reaccións como o do seu compañeiro no proxecto de En Marea, Davide Rodríguez, ou a nacionalista Ana Pontón.

A portavoz nacional do BNG, e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón desexoulle “sorte” e sostivo que “a xustiza recupera un xuíz que demostrou que era unha persoa xusta, que traballou sempre con moito rigor”.