Home Programas Área Compostela Prezos populares para o ciclo “Cultura en familia”

Prezos populares para o ciclo “Cultura en familia”

0
Prezos populares para o ciclo “Cultura en familia”

Os cativos e cativas adquiren protagonismo na oferta cultural da cidade. O 27 de xaneiro comezará o ciclo “Cultura en familia”, que comprenderá sete espectáculos baseados na danza, a música e o teatro. Deste xeito, téntase achegar ós máis novos aos espazos culturais, contribuíndo, en palabras da concelleira Branca Novoneyra, á súa “formación didáctica e emocional”. Os eventos desenvolveranse no Auditorio de Galicia e o Teatro Principal.

O prezo das entradas para cada espectáculo será de catro euros, exceptuando o “Concerto singular” que ofrecerán a Banda Municipal e a compañía de teatro Píscore o 11 de febreiro, que será de balde. Con todo, a organización ofrece a posibilidade de mercar un “bono familiar” que inclúe catro entradas por doce euros. Os billetes están xa dispoñíbeis no portal entradas.abanca.com.