O vindeiro 25 de abril, a praza da Quintana converterase en algo semellante a un ximnasio ao aire libre.

Segundo ano consecutivo

O Concello de Santiago celebra, por segundo ano consecutivo, o Día da Educación Física na Rúa, unha xornada que ten como obxectivo concienciar á mocidade sobre a importancia de practicar deporte, “especialmente nas idades máis temperás”, segundo afirmou a concelleira de Deporte, Noa Morales. As actividades desenvolveranse entre as 9.30 e as 14.00 horas, e participarán delas arredor de 850 estudantes de sete centros escolares da cidade, repartidos en tres quendas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Este evento celebrouse por vez primeira no ano 2011 da man de Fran Flórez, profesor dun instituto asturiano. Nesa primeira edición participaron 125 alumnas e alumnos; este ano, estímase que a cifra roldará as 30.000 persoas en todo o Estado. Álvaro Rivas, mestre de Educación Física no IES Rosalía de Castro, reclama máis horas desta asignatura en Primaria e Secundaria para “seguir as recomendacións da Organización Mundial da Saúde”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -