Un total de 47 candidaturas de servizos de normalización lingüística, equipos de normalización e dinamización da lingua, asociacións e entidades privadas presentáronse aos Premios Mil Primaveras para a posta en valor e fomento do galego. O prazo para presentar proxectos, campañas, accións ou programas rematou o pasado 17 de maio. Entre os proxectos presentados hai tanto accións nacidas nos últimos tres anos como iniciativas cunha traxectoria consolidada no tempo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -