A solidariedade é a única capaz de vencer a represión. Nestes momentos, a Audiencia Nacional dirixe un proceso xudicial contra 12 independentistas organizadas en Causa Galiza e Ceivar. A Fiscalía da AN pide máis de 100 anos de prisión para as encausadas xunto a petición de disolución de ambas organizacións independentistas. Por isto, as procesadas nesta causa a raíz das Operacións Jaro I e II comezaron unha serie de xuntanzas con colectivos políticos e sociais. O obxetivo é organizar unha campaña de solidariedade ante a “gravidade” este procedemento xudicial. Para un dos procesados, Joam Peres, a finalidade do Estado é clara: “Pretenden elminar posicións políticas a través da Audiencia Nacional”.
Home Programas Espazo Aberto “Pretenden eliminar posicións políticas a través da Audiencia Nacional”