
Desde o momento en que Abanca comezou cobrar comisións aos clientes con menos recursos, comezaron a xurdir grupos nas redes sociais. Salvaterra, Ourense, A Coruña… O 1 de xullo un dos grupos de Santiago de Compostela manifestouse para reclamarlle a Abanca a devolución dunhas comisións que consideran insostibles, máis aínda tendo en conta que as cobraron en plena saída da pandemia. Falamos con Nieves Gallego e Juan Silva, afectadas do grupo de Santiago.
No seu caso, recomendan facer reclamacións presencialmente, e advirten de que hai que insistir, xa que Abanca non o está a poñer fácil. Con todo, a presión está a funcionar en moitos casos: persoas que reclamaron de diversos xeitos en Salceda, Salvaterra de Miño, Ourense, Santiago e noutros puntos de país xa recibiron a devolución dos seus cartos. Malia isto, animan ás afectadas a seguir reclamando, xa que non en todos os casos están a devolver. En varios casos, son os concellos ou partidos os que piden reclamar de xeito organizado e noutros, a maioría, son os cidadáns os que se organizan, como nesta imaxe de Salceda:
Nieves Gallego, unha das voceiras do grupo de Santiago, lembra tamén de onde vén isto, en referencia á fusión e privatización das caixas.