
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o Vicepresidente da Cámara de Comercio compostelá, Evaristo Rodríguez, presentaron en rolda de prensa a XVII Edición do Premio Manuel Beiras de recoñecemento do uso do galego no sector empresarial. Martiño Noriega salientou o traballo de normalización lingüística que representa este galardón.
O Vicepresidente da Cámara, Evaristo Rodríguez, amosouse moi crítico coa situación actual do galego nas empresas.
A lingua galega no mundo empresarial. https://t.co/hPSMlCoPih Evaristo Rodríguez, Vicepresidente da Cámara de Comercio compostelá pic.twitter.com/fzK53TyAhR
— Nós Televisión (@NosTelevision) 03 novembro 2016
A este premio pode optar calquera empresa con domincilio fiscal en Santiago e a entrega do galardón será o vindeiro 14 de novembro.