A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou hoxe en rolda de prensa unha ferramenta que ten como finalidade dar cita previa a través da web nos servizos sociais comunitarios do Concello de Santiago de Compostela. De feito, acompañou á edil a técnica responsable do aplicativo, Ana Ares, que puxo o foco na linguaxe sinxela que se utiliza e que fará que moitas persoas, aproximadamente o 30% do volume de usuarios actuais usen nun primeiro momento este novo sistema.
citapreviass.santiagodecompostela.gal
Preséntase unha aplicación para acceder aos servizos sociais municipais a través dunha cita pola webhttps://t.co/sPTOyGpgbu pic.twitter.com/WR3e5EcFbl
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 febreiro 2017
A edil indicou que, desde o Goberno, agárdase que a aplicación sirva de apoio para os profesionais. Ata o de agora, o servizo de axuda tramitábase, principalmente, a través de chamadas telefónicas.