O investigador e músico Xosé Lois Foxo presentou no Consello da Cultura Galega unha das súas máis ambiciosas obras: o volume “Cancioneiro antropolóxico. Quiroga, Ribas do Sil e Montañas do Lor”. O libro, editado polo Consello da Cultura Galega, inclúe catro CD’s e un DVD como resume do extenso traballo de recollida realizado polo propio autor a máis de trescentas persoas da comarca.
No acto contou coa participación do Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o representante da Deputación de Ourense, Manuel Doval, e os concelleiros de Ribas do Sil Roberto Castro e José Luis Rivera.
O autor entregou ao Consello da Cultura Galega o total de material recollida, 66 horas de audio e video e 120 DVD’s con documentación para que a entidade a dixitalice e forme parte do seu arquivo sonoro.
Na presentación, estiveron presentes e pecharon o acto as Cantareiras de Campo de Vila, Maribel Domínguez, Olga Fidalgo, Amalita Figueroa e Josefa del Huerto.