A USC publicou a obra gañadora do I Premio Xohana Torres. Presentaron a saída a rúa deste traballo en rolda de prensa a concelleira de Igualdade, acompañada pola vicerreitora de Estudantes da USC, Dolores Álvarez; o director do servizo de publicacións da USC, Juan Luis Blanco Valdés; a autora da obra, María Reimóndez e a poeta canadiense Erín Moure. A edil salientou a recuperación deste premio.
“Unir tres mulleres como Rosalía de Castro, María Reimóndez e Erín Moure, tres poetas, tradutoras e feministas”
O director do servizo de publicacións da USC, Juan Luis Blanco Valdés, explicou que a obra gañadora une as voces de tres mulleres: María Reimóndez, Erín Moure e Rosalía de Castro. Trátase, polo tanto, dun feito “extraordinario” segundo o propio Juan Luis.
A propia autora do traballo, María Reimondez, relatou a importancia da publicación deste tipo de traballos e resaltou a importancia da presenza da propia Erín Moure na presentación. A poeta canadiense, aínda que con ascendencia galega, é unha destacada tradutora de Lupe Gómez, Chus Pato ou Rosalía de Castro.