A concelleira de Igualdade, Marta Lois, presentou esta mañá o programa do Entroido dos Xenerais da Ulla. Nel participan oito concellos, entre eles Santiago, A Estrada, Silleda e Teo. A celebración desta festividade terá lugar do 11 de febreiro ao 5 de marzo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quixo salientar a importancia desta tradición rural non só por ter unha orixe que se remonta anos atrás, senón polo valor que representa na actualidade.
Entre os alcaldes dos Concellos estivo presente o de Vedra, Carlos Martínez, que falou das novidades que se incorporarán este ano.
No acto celebrado esta mañá no Pazo de Raxoi fíxose, tamén, unha recreación dun alto por parte de Catro Xenerais, dous de Boqueixón e dous de Vila de Cruces. Ademais, presentouse un vídeo sobre dita tradición rural elaborado polo alumnado de Debuxo Artístico do IES de Cacheiras.