A Asociación Española contra o Cancro celebrará o próximo venres 9 de xuño no Pazo de Congresos de Santiago unha cea-gala para recadar fondos para investigar esta enfermidade. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, foi a encargada de presentar este evento no Pazo de Raxoi acompañada polo vicepresidente da Xunta Local da Asociación, Antonio Guerrero, e o coordinador da entidade en Santiago, Jose Nande.
Concha Fernández: “Temos que ser conscientes de que é un investimento e non un gasto todo o que se destina á investigación e á prevención en materia de saúde”
O coordinador da entidade en Santiago, Jose Nande, explicou en que consistirá a gala na que tamén recibirán unha homenaxe voluntarias e voluntarios que traballan a diario de xeito altruista coa organización. Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta Local da Asociación, Antonio Guerrero, salientou a importancia que ten a prevención e aposta pola investigación na loita contra o cancro.
O voceiro da Xunta Local da AECC, Javier Guerrero, salientou a importancia que ten a prevención contra o cancro https://t.co/jzdp8xOVRh pic.twitter.com/IbUZXEEM8m
— Nós Televisión (@NosTelevision) 6 de junio de 2017
Para asistir á cea-gala da Asociación Española contra o Cancro pódense mercar as entradas ata mañá a un prezo de 50 euros. Tamén se pode colaborar a través dunha Mesa 0. Pódense atopar en Charcutería Seco, Garysom, Joyería Jael, o ximnasio Squash Milladoiro e na propia sede da AECC. Tamén se pode colaborar a través dunha Mesa 0.