Home Programas Área Compostela Preséntase en Galiza o Protocolo de Donostia

Preséntase en Galiza o Protocolo de Donostia

0
Preséntase en Galiza o Protocolo de Donostia

As entidades sociais galegas seguen dando importantes pasos en defensa do noso idioma. Logo de que o pasado 17 de decembro se presentara en Donostia o texto final do Protocolo para a Garantía dos Dereitos Lingüísticos, un documento asinado por centos de colectivos de toda Europa e promovido por organizacións internacionais como ELEN, CIEMEN e Kontseilua de Euskaherría, hoxe presentouse en Compostela publicamente a súa sinatura en Galiza.

Na presentación de hoxe interveu Pilar García Negro acompañada de representantes de diversas entidades con práctica continuada de defensa e promoción da lingua galega: A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino, ProLingua, a Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Normalizaciónda Lingua, a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia, APRADOGA, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG, e A Semente Escolas de ensino en galego.

O seguinte paso que realizarán estas entidades será unha difusión ampla do documento na sociedade galega e apresentación ádo mesmo diferentes institucións como o Parlamento, as universidades ou ao propio goberno galego.