
A experiencia piloto iniciada o ano pasado cos orzamentos participativos foi todo un éxito. Así o asegurou en rolda de prensa a Concelleira de Acción Cultural de Santiago. Branca Novoneyra presentou dúas das propostas que se realizarán este mesmo ano: unha campaña contra o maltrato animal e unha actividade para levar o cine ás parroquias do rural compostelán.
Diego Miramontes e Sol Álvarez do colectivo Barriopía explicaron en que consiste o seu proxecto de levar o cine ás parroquias.
Levar o cine ao do rural. Unha das propostas que se levarán a cabo grazas proxectos dos orzamentos participativos https://t.co/j3NAFGfAXl pic.twitter.com/MsCyYlH9R7
— Nós Television (@NosTelevision) 06 outubro 2016
Outra das iniciativas aprobadas levará aos institutos e parques da cidade a experiencia do clube canino “só lles falta falar” para fomentar a convivencia entre a cidadanía e os cans de familia.
Outro dos proxectos que tamén se pon en marcha froito dos orzamentos participativos da mocidade do ano pasado é un curso de linguaxe de signos que se impartirá en novembro e decembro no CSC do Ensanche.