Presentan as obras de melloras no campo de fútbol das Cancelas e no pavillón polideportivo das Fontiñas

Raxoi destinou a estas dúas obras preto de 100.000 euros

Remataron as obras que se realizaron ao longo dos meses de verán no campo de fútbol das Cancelas e no polideportivo das Fontiñas. A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou ambas instalacións e na primeira delas atendeu aos medios de comunicación para explicar en que consistiron as melloras que se realizaron.

- Publicidade -

A edil explicou que no campo tamén se trataron as trabes de madeira, revisáronse os anclaxes e o muro exterior. Noa Morales comentou tamén as obras que se realizaron no pavillón de deportes de Fontiñas que tamén están rematadas.

Ambas instalacións son moi empregadas pola veciñanza. No caso das Cancelas cada semana acolle a unhas 2.500 persoas entre deportistas de todas as idades e familiares O Concello destinou a estas dúas obras preto de 100.000 euros, procedentes do remanente de tesourería.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego