A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a programación de Artes Escénicas para 2019 e fíxoo no escenario do Teatro Principal, acompañada pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.
O Concello de Compostela xa ten lista a programación de artes escénicas deste ano, que se move en tres grandes eixos: EscenaGZ, Territorio de Mulleres e MemoriaPresente. En total son 26 as compañías que pasarán polo Teatro Principal ou o Auditorio de Galicia, representando un total de 25 espectáculos, cifra que aumentará, porque a programación completarase con máis eventos no segundo semestre do ano.
Así, este ano o público poderá disfrutar de arte galego e feminista, e ademais a un prezo que ten en conta a todos: as obras familiares teñen un prezo estándar de 4€ (e cada catro entradas unha sae de balde), e o resto oscilan entre os 10 e os 15€ coa posibillidade de descontos para numerosos grupos sociais.
O programa aquí.