Home Programas Espazo Aberto Presentada a quinta edición dos Premios Martín Códax

Presentada a quinta edición dos Premios Martín Códax

0
Presentada a quinta edición dos Premios Martín Códax

Este xoves abriuse oficialmente o prazo para inscribirse na quinta edición dos Premios Martín Códax da Música, unha gala á que poderán concorrer calquera proxecto musical en galego cuxos compoñentes estean en activo. Este ano, contará con quince categorías nas que se premiarán producións de metal, pop, hip hop, música tradicional, etc.

O evento foi presentado na Sala Numax por el director de la Axencia Galega de Industrias Culturais —AGADIC—, Jacobo Sutil, o delegado de Cultura da Deputación da Coruña, Xosé Leal, a directora de marketing das adegas Martín Códax, María Garrido, e o director da asociación Músicos Ao Vivo, Ramón Bermejo.