Home Programas Espazo Aberto Presentada en Compostela a Academia Galega de Teatro

Presentada en Compostela a Academia Galega de Teatro

0
Presentada en Compostela a Academia Galega de Teatro

“A construción dun país implica a construción do seu teatro”. Con estas verbas presentou a Academia Galega de Teatro a súa presidenta, Inma António, nun acto celebrado este martes no Consello da Cultura Galega que contou coa participación de Eduardo Alonso, Luma Gómez e Antonio F. Simón, figuras moi vencelladas ao teatro de Galicia. Esta organización xorde como un espazo de carácter “transversal” para ocupar un “lugar baleiro” no tocante ás artes escénicas, xa que asociacións coma a de Actores e Actrices teñen unha natureza máis “sindical” que de “difusión cultural”.

No 2020, a Academia celebrará o I Congreso de Teatro Galego

O equipo fundador da Academia considérase herdeiro das “figuras senlleiras” que iniciaron a andaina do teatro galego coma Castelao, Vidal Bolaño ou Vilar Ponte. Entre os seus obxectivos a medio e longo prazo, cómpre salientar a ampliación do apoio institucional ás compañías teatrais, a creación dun Centro Galego de Documentación Teatral ou fomentar un circuíto de exhibición entre as cidades galegas e portuguesas do eixo atlántico. De cara ao 2020, a Academia pretende organizar o I Congreso de Teatro Galego, un evento no que convida ao sector a comezar artellar a súa posta en funcionamento.

As primeiras actividades da Academia consistirán na celebración de diferentes conferencias, festivais e outras actividades que axuden a fomentar o desenvolvemento das artes escénicas en Galicia.