A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón anunciou en rolda de prensa cales serían as prioridades para a formación nacionalista no Pazo do Hórreo para este ano 2017. Na súa intervención diante dos medios apuntou que a saída da crise non dá chegado ao noso país e en parte sinala ao goberno galego como culpable. Partindo desa idea serían tres as prioridades.
Pontón profundizou nesas prioridades na súa intervención. No tema económico a portavoz do grupo parlamentario do BNG pensa que o futuro de Galiza está a perder moitos trens pola súa falta de modernización.
“España está a facer caixa con nós”
.@anaponton de @obloque, hoxe en rolda de prensa no @Par_Gal : “O Estado español está a facer caixa con nós.” pic.twitter.com/CMTRhiVrtd
— Nós Televisión (@NosTelevision) 09 xaneiro 2017
No tema do terrorismo machista Ana Pontón criticou a pouca achega nos orzamentos do goberno galego para este 2017 que impiden, ao seu modo de ver, que se loite con garantías contra esta lacra da nosa sociedade.