O Entroido está ao caer e cómpre prepararse ben para tal ocasión, sobre todo se falamos da provincia de Ourense. No caso do Entroido de Verín, a gran aposta do concello pasa pola música xa que contarán con catorce charangas, once orquestras e catro discomóbiles. A celebración, que comezará o día 13 de febreiro e continuará ata o 1 de marzo, contará con máis de 25.000 persoas. Para gozar do Entroido de Verín van aquí unhas breves indicacións:
A festa arranca o xoves 13 de febreiro, o “Xoves de Compadres”. A partir da medioanoite, o compadres sairán ás rúas cos seus chapeus polas rúas Montemaior, Lisa, Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada e Praza Maior. Ao último, producirase o xuízo e queima do Maragato.
A música este día estará a cargo da charanga Los Támega e pola banda de Gaitas de Verín. O peche o porá a discomóbil Enjoy.
O domingo de Corredoiro celebrarase o día 16. Este é o día da coñecida concentracións dos Cigarróns na Praza Maior. Los Támega, Tómalle outra e Noroeste serán as charangas que percorran as rúas ao mesmo que o grupo Aramio e a discomóbil A Gramola.
O 20 de febreiro será quenda do ‘Xoves de Comadres’. As mulleres mandarán na noite por orde municipal e contarán con charangas, a Bands de Gaitas de Verín, a orquestra La Oca e as discomóbiles Enjoy e Gramola.
O venres 21 de febreiro terá lugar o ‘Venres de Compadreo’ ca saída de carros do barrio de San Lorenzo ás sete da tarde para acudir á rúa Irmáns, onde a xente poderá comer porco ao espeto.
O día 22 entraremos no ‘Sábado de Entroido‘. As cinco da tarde terá lugar o ‘bautismo do Cigrarrón’ na Praza da Mercé ao que lle sucederá unha tarde e noite cheas de música e actuacións. Ao día seguinte, o 23, será o Día grande do Entroido con desfiles, comparsas e carrozas que percorrerán Verín dende as 12 do mediodía. A música e as actividades continuarán o luns e o martes de Entroido para chegar ao broche final, o 1 de marzo, co ‘Domingo da Piñata’ e a gran comida popular. O punto final o colocará a entrega de premios ao ‘Cigarrón de honra’, ‘Pescadilla’ e ‘Fidelidade’. A música e a tradición popular semella que marcará os pasos dun dos Entroidos máis famosos do noso país. Podes consultar aquí todo o programa.