Home Espazo Aberto Cultura Prepárade para o Entroido de… Manzaneda!

Prepárade para o Entroido de… Manzaneda!

0
Prepárade para o Entroido de… Manzaneda!

Hoxe arranca un dos entroidos máis antigos do país, o Entroido de Manzaneda. A súa festa está declarada como interese turístico da comunidade e o seu fulión non deixa a ninguén na indeferencia. O Entroido arranca hoxe coa Cea do lardeiro na que se celebrará o xoves de Compadres. O sábado, ás nove da noite, levarase a cabo a visita do fulión de Bidueira a Requeixo.

O fulión é cando as mázcaras de Entroido fan unha ronda espontánea polas casas e piden permiso para entrar. Nas vivendas, sacan de comer e beber para todas. No fulión de Manzaneda é o único de toda Europa no que as mázcaras bailan sobre o seu propio eixo.

O sábado 22, ás 11.30 horas, comezará a Fuliada da Mourela para acá en Requeixo. Ao contrario que no fulión, na fuliada tamén poden darse actividades como o teatro ou a narración de historias. A partir das seis da tarde terá lugar a visita do fulión de Langullo a Borruga/Cubeiros e ás 21.00 horas, a visita do fulión de Requeixo a Bidueira e da visita do fulión de Raigada a Vilarmeao. Pola noite, celebrarase a Cea da lardeira organizada pola Asociación de Mulleres Algueirada, na que se celebrará o xoves de Comadres.

O Domingo de Entroido terá lugar o día 23 e a partir das 15.00 horas sucederase a Fuliada de San Martiño. A esta troula seguiralle a do Martes de Entroido, festivo local, que comezará coa reunión de todos os folións do municipio para comezar o desfile ás 11.30 horas. Ao rematar o percorrido, ás 14.00 horas haberá unha gran comida popular.

Sen dúbida, o bo comer e o son atronador do folión marcan o Entroido de Manzaneda. Os bombos, tambores, cencerros e utensilios de labranza metálicos enche a localidade durante estes días.