Home Programas Espazo Aberto Preacordo entre Goberno local e traballadores que evitaría a folga na limpeza e recollida do lixo na Coruña

Preacordo entre Goberno local e traballadores que evitaría a folga na limpeza e recollida do lixo na Coruña

0
Preacordo entre Goberno local e traballadores que evitaría a folga na limpeza e recollida do lixo na Coruña

O Goberno municipal conseguiu chegar a un preacordo cos traballadores e traballadoras do servizo de limpeza de rúas e recollida do lixo. Foi onte na reunión anunciada e na que participaron o comité de folga de Ferrovial-Cespa e a comisión negociadora do Goberno local da que formaron parte a concelleira de Medio Ambiente, María García, o de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, e varios asesores municipais.

“A pé de barrio” é un plan intensivo de mellora do espazo público do Concello da Coruña

O diálogo ábrese camiño

O documento asinado, e que a totalidade da plantilla de Cespa terá que corroborar, recolle a maioría das pretensións que levaba o comité de folga que participou na reunión. Nel o Goberno local comprométese a garantir a eliminación da precariedade laboral e a discriminación salarial na prestación dos servizos de limpeza viaria e de recollida do lixo.

O goberno municipal coruñés crea unha comisión para evitar a folga do servizo de limpeza