A Praza de Abastos repartirá 10.000 euros en premios este Nadal

O Apalpador visitará Compostela o vindeiro 23 de decembro

Coa chegada do Nadal, a Praza de Abastos reivindica os produtos da terra. Baixo o lema “os grandes sabores de sempre”, o mercado compostelán presenta unha campaña de Nadal coa que pretende chegar a toda a cidadanía. Para logralo, repartiranse vales de desconto por cada compra realizada nalgún posto da Praza.

Esta iniciativa da Praza de Abastos tenta incentivar o consumo do produto fresco e saudable entre a poboación máis nova. Deste xeito, celebraranse esta semana dous obradoiros de cociña tradicional para a mocidade para os cales as prazas están xa esgotadas. Porén, en vista do éxito da proposta, o Concello e a Praza pretenden repetila con maior frecuencia en vindeiras ocasións.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Visita do Apalpador

A programación para este Nadal inclúe tamén a un Apalpador, que o día 23 de decembro repartirá agasallos entre as persoas asistentes.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -