A concelleira de Deporte, Noa Morales, informou en rolda de prensa sobre a cuarta edición do torneo Cidade do Futsal, que está organizado polo Santiago Futsal, coa colaboración do Concello e Viaqua.
Trátase dun dos torneos con máis reclamo en Galicia e celebrarase durante a fin de semana do 13 e 14 de maio.
A concelleira de @dxtSa, @Noamsanchez, estivo onte na presentación da IV edición do torneo Cidade do Futsal pic.twitter.com/2CsR1bDS2R
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 abril 2017
“Para nós é moi importante poder realizar este evento na rúa”
Tanto Ramón García, presidente do Santiago Futsal, como Julio Masid, director xeral de Viaqua, resaltaron as novidades desta edición
.@Santiago_Futsal @PazodeRaxoi @VIAQUA O presidente do @Santiago_Futsal, Ramón García, resaltou a importancia da nova ubicación do torneo; a Pz.da Quintana https://t.co/EdS57Wc2B3 pic.twitter.com/fPiKRWjGQ7
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 abril 2017
.@jamasid, director xeral de @VIAQUA, participou onte na presentación da IV edición do torneo Cidade do Futsal https://t.co/EdS57Wc2B3 pic.twitter.com/5uAiiQVCh2
— Nós Televisión (@NosTelevision) 12 abril 2017
Ademais do torneo, ofreceranse diversas actividades para as persoas asistentes que serán gratuítas para xogadores e xogadoras, así como para as persoas acompañantes. Ao finalizar cada día de torneo, haberá unha entrega de trofeos para os equipos gañadores de cada categoría.