PP e PSdeG critican o apoio do BNG e EnMarea ao referendo catalán

Portavoces de PP e PSdG no Parlamento Galego amosan diversas críticas ao proceso soberanista catalán e a quen, desde Galicia, o apoia

Resaca da Diada. Tamén en Galicia. O portavoz do grupo socialista no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, e a viceportavoz do grupo do Partido Popular, Paula Prado, critiraron esta mañá o apoio do BNG e En Marea ao referendo catalán.

- Publicidade -

Paula Prado: “O BNG percorreu as rúas de Cataluña ao lado de Otegi

Paula Prado afirmou que “os partidos independentistas dividen á sociedade” e atacou duramente, como é habitual nesta parlamentaria, tanto ao Bloque como a En Marea polas visitas realizadas por estas formacións á Diada e por amosar apoio ao referendum “ao carón dos que queren romper coa Constitución

Posición do PSdG

Hai partidos serios que non deberían apoiar o Refedendum catalán. Vai contra a legalidade

Leiceaga fixo un chamamento a respectar a lei e a establecer un proceso de diálogo. Porén, quixo distanciarse das criticas manifestadas polo Partido Popular e reiterou na necesidade de afrontar novos debates sobre unha hipotética reforma constitucional.

Vetan a proposta do BNG dun concerto económico propio

Hoxe mesmo ambas formacións tamén sumaron os seus votos contra a proposta descentralizadora presentada polo BNG para dotar Galiza dun concerto económico, unha proposta que si contou co apoio de En Marea.

Especial Informativo #Diada2017

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego