O PP aproba en solitario o teito de gasto malia as críticas da oposición

A oposición únese para rexeitar a política económica do PP

O PP volveu a empregar a súa maioría absoluta para impoñer a súa política económica. Desta vez foi na aprobación do teito de gasto de Galiza para o 2018.

- Publicidade -

A Galicia que debuxa o PP: “un goberno que funciona nunha economía que medra”

O Conselleiro de Facenda Valeriano Martínez e logo o portavoz do PP Pedro Puy debuxaron un escenario económico optimista moi lonxe da crise que din que xa forma parte do pasado.

A oposición non se cre o conto

Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG, rexeitou este teito de gasto por “insuficiente” e “pouco ambicioso”.


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou que a proposta do PP ten un carácter “centralista” e esquece que o Estado aumenta outras partidas mentres aquí propón rebaixar outras.


Pechou as intervencións o portavoz de En Marea, Luís Villares, quen asegurou que con este teito de gasto escóllese “favorecer a emigración” beneficiando a uns poucos.


O tipo deteito de gasto sitúase en 9.487 millóns de euros, a cantidade aprobada polo goberno galego no Consello da Xunta e agora aprobado polo Parlamento galego cos votos do Partido Popular

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego