Isabel Vilalba é a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego e falou nesta entrevista realizada por Attac Galicia dun rural que se valeira gradualmente ante o desinterese dos representantes públicos cando non provocado por eles mesmos.
A Crise e o Medio Rural: Isabel Vilalba
Isabel revela que paralelamente a este proceso de despoboación existe un interese en ocupar o rural galego con grandes explotacións agrogandeiras, enerxéticas e mineiras. Estes proxectos a contribúen pouco a crear postos de traballo e as súas altas externalidades afectan negativamente ás pequenas actividades económicas tradicionais e a saúde da poboación do arredor. A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego alerta sobre a falta de oportunidades para a xente nova, que se ve obrigada a marchar, e dos perigos do cambio climático.
O futuro
A prioridade ten que ser a xente e o seu futuro malia que o poder político está máis preto dos grandes lobbies económicos que das verdadeiras necesidades da poboación do rural do noso país