Por que caeron tanto as emisións de CO2 en Galiza? Explícacho a ‘Plataforma, Galiza un futuro sen carbón’

Manoel Santos expón as propostas deseñadas pola Plataforma Galiza, un país sen carbón nunha nova entrada na Rede Galega de Videoblogues

As emisións de dióxido de carbono, CO2, das centrais de carbón situadas en Galiza caeron un 75,2% en 2019 con respecto ao ano anterior, baixando de 10,1 a 2,5 millóns de toneladas. As emisións totais galegas de gases de invernadoiro (GEI) caen ao seu nivel máis baixo dende 1990. Esta caída das emisións de CO2, o principal Gas de Efecto Invernadoiro (GEI) causante da crise climática, foi motivada pola diminución nun 71,6% da produción eléctrica con carbón. Explícao Manoel Santos, coordinador de Greenpeace Galicia e voceiro da Plataforma ‘Galiza, un futuro sen carbón’:

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego