Home Programas Espazo Aberto Por que a COVID-19 ten xénero feminino?

Por que a COVID-19 ten xénero feminino?

0
Por que a COVID-19 ten xénero feminino?

O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega (RAG), vén de publicar nas últimas horas as razóns polas que todas nós deberiamos usar o xénero feminino co substantivo COVID-19. O argumento céntrase en que COVID-19 non é o nome do virus senón da enfermidade. “Covid-19 é o nome da enfermidade, non do virus, e polo tanto deberíase manter o xénero do substantivo que designa. Covid é o acrónimo de COronaVIrus Disease, “enfermidade do coronavirus”, polo que, en galego, debe dicirse “a covid-19”, do mesmo xeito que dicimos “a sida” para nos referir á “síndrome de inmunodeficiencia adquirida”, sostén.

Indo máis aló, o Portal das Palabras tamén nos indica a ortografía deste acrónimo. “Temos diferentes formas de escribilo: todo en maiúsculas COVID; con inicial maiúscula e o resto minúscula Covid ou, se o consideramos un nome común xa lexicalizado, escribiríase todo en minúscula covid. Hai varios exemplos na nosa lingua de palabras que son o resultado da lexicalizacións de siglas ou de acrónimos, e que a día de hoxe probablemente non identifiquemos como tales. É o caso de sida, que comentamos antes, ou láser –acrónimo de amplification by stimulated emission of radiation”. Agardemos que pronto a COVID-19 non sexa tan frecuente nas nosas comunicacións e, mentres tanto, procuraremos escribilo con xeito. Podes ver aquí o texto publicado no Portal das Palabras.