Home Programas Espazo Aberto ‘Por nós, por todas’. A Deputación de Pontevedra envolve o mes de marzo de accións pola igualdade de xénero

‘Por nós, por todas’. A Deputación de Pontevedra envolve o mes de marzo de accións pola igualdade de xénero

0
‘Por nós, por todas’. A Deputación de Pontevedra envolve o mes de marzo de accións pola igualdade de xénero

‘Por nós, por todas’ é o lema baixo o que este ano a Deputación de Pontevedra lanza un compendio de actividades a prol da igualdade de xénero no marco do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller Traballadora. Ante as cámaras de Nós Televisión, Carmela Silva explica algúns dos actos máis destacados.

‘Por nós por todas’. Primeira semana:

Os actos comezarán o luns 2 de marzo coa exposición ‘Rompe e xoga en igualdade’ en Tui, no edificio Área Panorámica. Poderase visitar ata o 14 de abril.

O martes 3 de marzo as accións entrarán no Castelo de Soutomaior. A Deputación rexistrará unha nova camelia, chamada María Vinyals. Trátase dunha flor con multitude de pétalos e de cor vermella, que muda a cor lila cando abre. Xunto a camelia María Vinyals, iranse plantando camelias que se bautizarán con nomes de mulleres recoñecidas como, por exemplo, Rosalía de Castro, conformando o xardín ‘Con nome de muller’.

O mércores 4 de marzo haberá unha acción de diálogo entre mulleres literarias na sede da Deputación en Vigo. Ademais, entre o xoves 5 e o luns 9 de marzo levarase a cabo un ciclo de cinema na sede da Deputación de Vigo.

O venres 6 de marzo colgarase na balconada do Pazo Provincial de Pontevedra e na sede da Deputación de Vigo unha gran pancarta co lema ‘Por nós, por todas’. Ás 11:30 horas, no vestíbulo da Deputación de Pontevedra levarase a cabo o acto central que co título de ‘A fortaleza da razón’.

O sábado 7 de marzo tamén no Pazo Provincial, terá lugar o XIII encontro da muller xorda.

O domingo 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ademáis das convocatorias do movemento feminista, levarase a cabo a carreira ‘Universo Muller’ en Pontevedra.