A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, regresou na tarde do martes á axenda pública suspendendo o seu permiso de maternidade para introducirse dende xa no proceso electoral que se precipitou nas últimas horas co adianto electoral ao próximo 5 de abril.

- Publicidade -

O BNG ve as eleccións do 5A como “unha gran oportunidade para poñer unha nova Galiza en marcha”. “Sería unha revolución que por primeira vez teñamos unha presidenta do BNG”, proclamou Pontón. Na súa primeira comparecencia tras a baixa por maternidade, Pontón destacou que só a formación nacionalista pode abrir un tempo novo, “porque somos a única forza coas mans libres para levar adiante un proxecto de país, pensado para mellorar a vida da maioría social, a única forza que non ten que mirar para Madrid para pedir permiso, porque temos o centro de decisión en Galiza”. Tras a reunión extraordinaria da executiva nacional, Pontón instou a facer unha gran mobilización social, e fixo un chamamento “a sumar no BNG”.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego