Pontón repróchalle a Feijóo que defenda o concerto económico catalán e non o galego

A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, propúxolle hoxe no Parlamento a Feijóo poñer en marcha un novo modelo de financiamento para Galiza a través dun concerto económico. Na súa intervención lembroulle ao presidente da Xunta que nunha recente conferencia en Catalunya chegara a defender o concerto económico para Navarra ou Cataluña e non para Galiza.
O presidente da Xunta rexeitou na súa resposta calquera apoio á idea dun concerto económico propio e asegurou que non sería un bo negocio para o país.

- Publicidade -

Feijóo desbota a proposta dunha tarifa eléctrica máis barata

Núñez Feijóo aproveitou a súa intervención para asegurar que non pediría unha tarifa electrica máis barata para Galiza a pesar de ser unhas das zonas que máis exporta esta enerxia do Estado español.
A portavoz do BNG insistiu en que un concerto económico “significa dar un paso de xigante no autogoberno real” porque “blinda máis recursos para contratar máis médicas ou profesores, acabar cos recortes, garantir a atención aos dependentes ou ter máis recursos para I+d+i”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego