Pontón critica “a chulería” do PP na folga da Xustiza

A portavoz nacionalista sinala que o goberno da Xunta está a causar graves perxuízos á cidadanía coa súa actitude no conflicto entrea traballadoras e traballadores e a institución.

- Publicidade -
Tras dous meses de folga, a folga no sector continúa

Ana Pontón, voceira nacional do BNG, asegurou hoxe aos medios de comunicación desprazados ao Parlamento galego que a actitude do goberno galego cos traballadores e traballadoras en folga no sector da xustiza está a perxudicar a toda a cidadanía.

Pontón pide a Feijóo que cese a Rueda e ao Director de Xustiza

Segundo Pontón “a chulería” do PP neste tema é a responsable de que non se chegue a ningún acordo polo que os atrasos e xuizos aprazados están a ter consecuencias para todos. “Se fose unha empresa xa estarían destituídos”, dixo Ana Pontón.

A nacionalista cualificou de “irresponsabilidade” da Xunta levantarse dunha mesa de negociación