Pontón (BNG): “PP e PSOE están erguendo un muro contra a verdade”

Horas despois de que a portavoz nacional do BNG Ana Pontón anunciara contactos co PSdeG-PSOE para crear unha comisión de investigación pola traxedia de Angrois o portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reafirmábase na postura de non favorecer a creación desta comisión. Para a portavoz nacionalista o caso é abondo grave como para que se investigue nunha comisión independente.

- Publicidade -

Ana Pontón pensa que ambas formacións políticas están a levantar un muro contra a verdade neste tema.

O Parlamento podería crear esta comisión de investigación para o que precisa os apoios das tres formacións da oposición. Para o BNG o xiro xudicial coa imputación do ex-xefe de seguridade de ADIF debería facer reaccionar ao grupo socialista da Cámara.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego