A participación da cidade de Pontevedra na feira Expopymes na Cidade de México serviu para dar a coñecer as características deste municipio e as políticas que desde hai anos vén realizando o seu goberno municipal. A mostra, do 23 ao 25 de agosto, foi o inicio dunha viaxe máis ambiciosa para promocionar este concello no país latinoamericano na que participaron o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Turismo, Anabel Gulías.
Neses primeiros días asinouse un acordo entre membros da delegación pontevedresa, a Universidad del Claustro de Sor Juana e o Centro Cultural de España en México para que os estudantes das titulacións relacionadas coa gastronomía poderán facer prácticas en restaurantes de Galiza. Tamén tivo especial protagonismo o CamiñoPortugués coa presenza en México do presidente da Fundación Amigos do Camiño, Tino Lores, que difundiu este roteiro de importancia para a cidade do Lérez.
Exportar Pontevedra
A experiencia urbanistica pontevedresa foi moi ben acollida nesta viaxe. A delegación deste concello visitou outras cidades como Celaya e León onde os seus repectivos alcaldes salientaron a posibilidade de “copiar” algúns aspectos urbanísticos da cidade galega. A delegación tamén participou nunha das sesións de traballo do senado mexicano onde mesmo, Francisco de Palma Búrquez, presidente da Comisión de Desenvolvemento Urbano do Senado da República de México, apoiou a idea de crear “experiencias” piloto en tres cidades mexicanas.